Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente Macron afirma que "Francia non se involucrará nesta guerra" contra Irán

O presidente Macron afirma que "Francia non se involucrará nesta guerra" contra Irán

O mandatario francés precisa "que non estamos en combate", pero confirma o seu apoio ao Líbano co envío de axuda militar 

Enmanuel Macron. Reuters (Arquivo) Enmanuel Macron. Reuters (Arquivo)
G24.gal 06/03/2026 16:15

O xefe do Estado francés manifestou que Francia "non se involucrará nesta guerra" contra Irán en Oriente Medio. Enmanuel Macrón respondeu así durante unha sesión de preguntas ás que se someteu con internautas en Instagram.

O presidente de Francia tratou de tranquilizar aos seus interlocutores, ante a preocupación suscitada pola ofensiva dos Estados Unidos e Israel en Irán e que se estendeu á rexión.

"Entendo perfectamente e comprendo a súa preocupación, pero quería ser moi claro: Francia non forma parte desta guerra. Non estamos en combate e non imos involucrarnos nela", dixo Macron en resposta a un mozo internauta a noite do xoves.

Macron precisou ademáis que "Francia non está a librar unha guerra nesta rexión", pero "protexe aos franceses, aos seus aliados, e apoia O Líbano". Precisamente, anunciou onte á noite un plan para acabar coas actividades militares de Hizbulá, á vez que prometeu o envío de axuda militar ao Exército libanés.

Envío á zona do conflicto do portavións nuclear Charles de Gaulle

París enviou reforzos militares a Oriente Próximo e Medio, incluíndo o portaavións de propulsión nuclear Charles de Gaulle para protexer os cidadáns franceses e apoiar os aliados que se enfrontan ás represalias iranianas, especialmente para axudar a interceptar drons e mísiles, ademais de para facilitar o tráfico marítimo.

"De forma completamente pacífica, estamos a mobilizarnos para tentar asegurar o tráfico marítimo", explicou o xefe do Estado francés para recalcar que esa presenza militar forma parte dunha estratexia defensiva e de estabilización.

Macron anunciara o martes que estaba a traballar no establecemento dunha coalición internacional para garantir a seguridade dos roteiros marítimos esenciais para a economía global na rexión.

"Tentaremos ser o máis razoables e pacíficos posible porque ese é o papel de Francia", engadiu Macron ao salientar o compromiso do seu país de priorizar a desescalada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade