Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes aproba o proxecto para construír o primeiro treito da A-76,que unirá Ponferrada e Ourense

Transportes aproba o proxecto para construír o primeiro treito da A-76,que unirá Ponferrada e Ourense

O Ministerio destina 131,7 millóns de euros ao proxecto de construción do primeiro tramo entre Villamartín de la Abadía e Requejo (en León), que terá unha lonxitude de 6,2 km

A autovía reducirá distancias de percorrido, tempos de desprazamento e mellorará as condicións de comodidade e seguridade para os usuarios

Mapa da autovía A-76 (Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible) Mapa da autovía A-76 (Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible)
G24.gal 07/11/2025 13:17

O proxecto de construción do primeiro tramo da autovía A-76 que conectará Ponferrada e Ourense xa está en marcha tras a súa aprobación este venres 7 de novembro. 

Esta actuación contempla a conversión en autovía da estrada N-120 no tramo mencionado de 6,2 km, como parte da A-76, mellorando así a capacidade e seguridade viaria nun corredor estratéxico para as comunicacións entre Galicia e Castela e León. Ademais, facilitará o acceso á Plataforma Loxística do Bierzo (León) e aos polígonos industriais da contorna de Toral de los Vados (León).

O trazado comezará, polo tanto, na conexión coa autovía A-6 e rematará na contorna do km 434 da N-120, onde se repoñerá un tramo de esta estrada para non obstaculizar o acceso a determinados municipios.

O proxecto suponlle ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible un total de 131,7 millóns de euros (IVE incluído).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade