Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un funcionario da prisión de Ávila por favorecer a Ana Julia Quezada a cambio de sexo

Investigado un funcionario da prisión de Ávila por favorecer a Ana Julia Quezada a cambio de sexo

Está acusado de entregarlle un móbil mentres cumpría condena por asasinar o neno Gabriel Cruz

Outro traballador tamén está baixo investigación, aínda que o xulgado só ten aberta causa contra un deles

Ana Julia Quezada durante o xuízo polo asasinato do pequeno Gabriel Cruz Ana Julia Quezada durante o xuízo polo asasinato do pequeno Gabriel Cruz
G24.gal 06/05/2025 16:53

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Ávila investiga un funcionario da prisión de Brieva por entregar supostamente un teléfono móbil a Ana Julia Quezada a cambio de favores sexuais.

Quezada cumpre cadea permanente revisable polo asasinato do neno Gabriel Cruz, ocorrido en febreiro de 2018 en Níjar (Almería).

O funcionario está investigado por un presunto delito de suborno.

Segundo explicou o subdelegado do Goberno en Ávila, Fernando Galeano, a Garda Civil tamén investigou un segundo traballador do centro, que exercía como cociñeiro e estaba contratado como persoal laboral.

Ningún dos dous traballa xa na prisión: o primeiro atópase de baixa tras solicitar a xubilación anticipada, mentres que o segundo está xubilado.

Declaración de Ana Julia Quezada e queixas da nai de Gabriel

Fontes próximas á investigación sinalan que Ana Julia Quezada prestou declaración xudicial a semana pasada.

Fíxoo no marco dunha investigación que comezou hai case un ano, tras unha denuncia pública da nai de Gabriel, Patricia Ramírez.

Nesa denuncia advertía de que Quezada dispuña dun móbil co que realizaba entrevistas para preparar un documental sobre o asasinato do seu fillo.

A raíz desta denuncia, a Garda Civil abriu unha investigación e practicou diversas dilixencias, incluídas declaracións de internas, funcionarios e persoal laboral do centro penitenciario de Brieva.

Unha vez rematada esta fase, as actuacións pasaron ao xulgado, que agora dirixe o proceso.

Patricia Ramírez, a nai de Gabriel, convocou unha conferencia de prensa para este mércores na que denunciará unha situación de "desamparo e desprotección institucional e xudicial".

Segundo avanzou, tamén abordará o que considera unha "vulneración de dereitos" no marco do Estatuto da Vítima e da normativa europea, así como posibles irregularidades no centro penitenciario que, segundo ela, puideron afectar a integridade moral da súa familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade