Veciños de Lalín levan mais dunha década agardando por un nicho no cemiterio da Romea
Veciños de Lalín levan mais dunha década agardando por un nicho no cemiterio da Romea
O proxecto para ampliar o cemiterio botou a andar hai xa máis dunha década, pero por distintos atrancos burocráticos non puido callar ata este ano
Antes ou despois, o noso camiñar pola vida remata e a maioria dos defuntos descansa nun camposanto. Pero ás veces teñen máis demanda ca oferta. É o que sucede no cemiterio de Botos, en Lalín, que quedou pequeno e onde hai veciños que levan 10 anos solicitando novos nichos.
O proxecto para ampliar o cemiterio botou a andar hai xa máis dunha década, pero por distintos atrancos burocráticos non puido callar ata este ano. Hai unhas semanas comezaron as obras, que os veciños aplauden.
Pero o inicio das obras coincidiu coa chegada da chuvia e, malia que estes días a maquinaria está parada, o movemento de terras provocou que o chan estea enlamado e faga máis incomodo camiñar nestes días de máis trasfega. Algúns usuarios cren que o inicio das obras puideran demorarse ata despois da festividade de Defuntos, ainda que asumen que as obras eran necesarias.
No 2023 estrearase a ampliación do cemiterio, que se denominará Fraga do Alén.