Publicador de contidos

Publicador de contidos

Van poñerlle flores a un familiar e atopan outra lápida e outro morto en Ribadumia

Van poñerlle flores a un familiar e atopan outra lápida e outro morto en Ribadumia

Non saben nin sequera se os restos dos seus aínda están alí

G24.gal 06/11/2025 16:06

Imaxinen que van poñerlles flores aos seus seres queridos ao camposanto e que no seu nicho está a lápida doutra persoa. É real, e pasoulle a unha familia de Ribadumia. Acoden aos medios de comunicación porque ninguén lles explica que foi o que puido pasar.

Son os familiares de Manuela Padín e Ramón Martínez. Os seus restos repousaban desde hai anos nun cemiterio de Ribadumia nun nicho familiar. O pasado venres, coincidindo con Defuntos, cando foron poñerlles flores atoparon o que nunca poderían imaxinar: outra lápida e outro morto ocupaban o seu lugar. Non saben nin sequera se os restos dos seus aínda están alí. A nova lápida ten data de marzo.

A piques de cumprirse unha semana e sen poder crer o que está pasando, piden que se resolva o caso axiña.

Á espera de que a investigación dea un pouco de luz ao sucedido, a Galega consultou co Concello de Ribadumia, quen alegou que, ao tratarse dun cemiterio parroquial e non municipal, non teñen nin competencias nin responsabilidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade