Publicador de contidos

Publicador de contidos

Flores e acougo no Día dos Defuntos

Flores e acougo no Día dos Defuntos

Moitos visitantes proseguen a súa homenaxe aos falecidos visitando os cemiterios

No Día dos Defuntos, celebración posterior ao Día de Todos os Santos, os fregueses lembran e pregan polos seus finados

G24.gal 02/11/2025 14:41 Última actualización 02/11/2025 14:58

No marco incomparable da vila coruñesa de Noia, o cemiterio da Igrexa de Santa María a Nova énchese de vida neste Día de Defuntos, a dos familiares que veñen pregar polos seus seres queridos.

"Un pouco de diferencia co Día de Todos os Santos hai. Onte era ledicia, hoxe un pouco máis triste, pero ben", aclara unha das visitantes.

Neste cemiterio, datado do século catorce, con parte da terra traída de Palestina, conta a lenda, e cuxa igrexa foi declarada monumento histórico-artístico en 1973, a presenza dos fregueses era hoxe máis acougada que onte, Día de Todos os Santos. 

As laudas ou lousas sepulcrais inzadas de símbolos identitarios, o baldaquino monumental e os cruceiros góticos deste camposanto énchense estes días de flores e agasallos, coma en toda Galicia, para traer ao presente a presenza dos que xa non están.

"Lémbramo todos os días, pero hoxe é un día especial de vir aquí, de arranxar a sepultura, de poñela bonita", defende un dos fregueses o carácter especial da xornada.

Marca a tradición que novembro é o tempo dos mortos: un lapso no que o mundo dos vivos e dos finados volvese atopar a través da beleza das flores, das lembranzas compartidas e do repouso sereno. Un ano máis é o Día dos Defuntos.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade