Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños da zona vella de Ourense quéixanse da imposibilidade de vivir co ruído do ocio nocturno

Veciños da zona vella de Ourense quéixanse da imposibilidade de vivir co ruído do ocio nocturno

Afirman que moitos padecen problemas de saúde ao non poder conciliar o sono

G24.gal 16/10/2023 14:58

Durmir tan só un par de horas ao día. É unha realidade á que se enfrontan moitos veciños da zona vella de Ourense e que lle está a pasar factura na súa saúde. Dende a Asociación O Cimborrio que naceu para loitar contra o ruído nesta zona de ocio nocturno din que a situación é insostible.  Xa lle solicitaron ao concello, hai meses, unha revisión dos locais, porque, din, moitos incumpren a normativa. Piden ademais respecto tanto aos hostaleiros como os clientes. Afirman que o dereito ao ocio duns non poden estar rifado co dereito o descanso e a vivir onde desexen doutros.

Unha problemática que se repite noutras cidades galegas por iso os veciños afectados decidiron crear unha federación que lles permita ter voz en temas de ocio nocturno.  Queren unir esforzos para buscar unha solución que evite que teñan que abandonar as súas vivendas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade