Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños da rúa Privada Moderna, en Vigo, denuncian o acoso da Sareb para que deixen as vivendas

Veciños da rúa Privada Moderna, en Vigo, denuncian o acoso da Sareb para que deixen as vivendas

Levan 5 anos agardando a que a Sareb execute a orde xudicial que a obriga a facer as obras urxentes 

Das 42 familias que habitaban os inmobles seis continúan residindo nas vivenda

Marta González Salve 31/05/2022 14:37

Con case 100 anos de antigüidade os inmobles situados a ambos os lados desta rúa Privada Moderna, no Calvario, son un prezado tesouro para entidades como a Sareb. 

Aquí chegaron a vivir 42 familias das que quedan seis despois de que 2 aceptaran a oferta que o denominado banco malo lles fixo.

Os que quedaron loitan desde entón por que este 'caseiro inmobiliario' arranxe as deficiencias que sofren as zonas comúns e afectan ás vivendas. Obras urxentes cuxa execución foi ordenada xudicialmente no 2017. 

Obras que segundo os veciños aproveitan para desfacer en lugar de reparar. Din que se trata dunha estratexia para declarar os inmobles en ruínas e poder botalos, polas baixas rendas que pagan e por negarse a aceptar a oferta para deixar as vivendas.

Malia o estado de ansiedade que lles produce esta situación e o acoso continuo da Sareb, aseguran que seguirán loitando por sobrevivir nesta rúa, onde moitos medraron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade