Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Aldán, en Cangas, denuncian que non poden saír das súas casas polos coches mal aparcados

Os veciños de Aldán, en Cangas, denuncian que non poden saír das súas casas polos coches mal aparcados

Na parroquia de Cangas temen os días de sol e os festivos en Portugal porque lles obstrúen a saída das casas

G24.gal 10/06/2025 14:10

Os veciños da parroquia canguesa de Aldán tremen cada vez que vai bo tempo porque as estreitas vías da zona se enche de vehículos, o que lles impide saír das súas casas.

Circulan en direccións prohibidas, aparcan en vaos e dificultan os movementos dos veciños. O problema aumenta en xornadas como hoxe martes, que é festivo en Portugal.

O tráfico non para os días de sol e os festivos en Portugal. Os veciños en núcleos como o da Espiñeira, en Aldán, apenas poden saír da casa e desenvolver a súa vida cotiá.

Nas inmediacións da praia de Areacova tamén viven o problema; na rúa dos Casás quedan taponados polos vehículos cada día que vai bo ou que é festivo en Portugal, sen que actúe o guindastre nin sequera poñan multas.

Moitos tamén coidan que este tipo de turismo apenas deixa retorno, porque vén pasar o día e trae os alimentos e as bebidas compradas a carón das súas vivendas ou no seu país, aínda que o lixo o deixen aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar