Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Oleiros recollen sinaturas para poder pasear cos cans nas praias

Veciños de Oleiros recollen sinaturas para poder pasear cos cans nas praias

A Coruña ten máis de 31.000 cans censados e dispón de cinco áreas caninas

Os propietarios piden máis espazos nos que poder ceibar os animais

G24.gal 16/07/2023 21:11 Última actualización 16/07/2023 21:21

Os animais teñen prohibida a entrada en todos os parques de Oleiros. A ordenanza local tamén lles impide acceder ás praias, unha norma que algúns veciños intentan cambiar recollendo sinaturas. Piden poder pasear cos seus cans nalgún areal sen bandeira azul, polo menos durante algunhas horas ao día.

Malia ser o municipio da área metropolitana con máis cans por veciño, Oleiros non ten ningunha área canina. A Coruña ten cinco, que suman unha superficie de algo máis de 15.000 metros cadrados nos que os cans poden xogar e correr ceibes. Son espazos que se agradecen, pero que para moitos resultan insuficientes.

Na cidade da Coruña hai rexistrados máis de trinta e un mil cans. A cala de Bens é o único areal ao que poden acceder os animais durante todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar