Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios implicados nunha violenta pelexa en Sarria en que resultou ferida unha persoa na cabeza

Varios implicados nunha violenta pelexa en Sarria en que resultou ferida unha persoa na cabeza

O ferido foi atendido no lugar e trasladado despois ata o hospital de Lugo

Momento da liorta capturado en vídeo por un particular
G24.gal 30/03/2026 14:14

Liorta nocturna con varios implicados en Sarria. Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital para que a atendesen dunha ferida na cabeza. A Garda Civil investiga os feitos.

A refrega tivo lugar na rúa Rias Baixas de Sarria, onde comparten espazo varios locais de ocio. Na liorta víronse implicadas numerosas persoas. Berros, empurróns e xente polo chan.  E nun deses envites, unha persoa resultou ferida na cabeza. Os servizos sanitarios prestáronse nunha primeira asistencia ao ferido no lugar e despois foi evacuado ao Hospital Lucus Augusti de Lugo. 

"É unha rúa que, de cando en vez, é conflitiva. A pelexa foi bastante forte. Durante a fin de semana é unha rúa bastante concorrida por xente nova e de vez en cando hai pelexas".

" Na rúa Rías Baixas, que antes era de viños, hai agora varios locais de ocio nocturno e son frecuentes as liortas".

" As pelexas cada vez son máis brutais. Ves a xente mirando a liorta coma se fose algo habitual".

A liorta tivo lugar sobre as cinco e vinte da mañá do domingo. Os participantes dispersáronse antes de que chegasen os axentes da Policía Local e a unha patrulla da Garda Civil, que investiga o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade