Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous mortos e oito feridos ao esnafrarse unha avioneta nun barrio residencial de San Diego

Dous mortos e oito feridos ao esnafrarse unha avioneta nun barrio residencial de San Diego

O accidente provocou un incendio que lle afectou a 15 vivendas

Xa se abriu unha investigación para determinar as causas do accidente Xa se abriu unha investigación para determinar as causas do accidente
G24.gal 22/05/2025 20:32 Última actualización 22/05/2025 20:40

Dúas persoas morreron e outras oito resultaron feridas ao estrelarse unha avioneta nun barrio de San Diego, no sur de California, provocando un incendio que arrasou cunha decena de casas e obrigou á evacuación de máis dun centenar de veciños.

"Confirmáronse polo menos dous mortos, oito feridos e aproximadamente 10 edificios danados", indicou o Departamento de Policía de San Diego.

O accidente provocou ademais a evacuación dun centenar de residentes, agregou a institución.

"Os danos que deixamos atrás son incriblemente significativos. Foron de gran perigo para a vida e, grazas a deus, ninguén en terra morreu", dixo o representante do distrito 7 do concello de San Diego, Raúl Campillo.

As autoridades aínda descoñecen o número de pasaxeiros a bordo do aparello un Cessna 550, que pode transportar entre 8 e 10 persoas. A avioneta estrelouse nun barrio próximo ao Aeroporto Executivo Montgomery-Gibbs en California.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade