Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declarado un incendio nunha fábrica de mobles de Salceda de Caselas

Declarado un incendio nunha fábrica de mobles de Salceda de Caselas

Segundo informa o 112 Galicia, o incendio xa foi controlado

Varios particulares alertaron ao ver unha forte nube de fume negro saír das instalacións da devandita planta, situada na rúa Doutor Zunzunegui

No punto atópanse os Bombeiros do Porriño, de Ponteareas e do Morrazo
G24.gal 22/05/2025 16:49

Os servizos de emerxencia atópanse tratando de sufocar un incendio declarado nunha fábrica de mobles situada na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas que, segundo informa o 112 Galicia, xa foi controlado.

Ditas fontes indican que foi sobre as 14:30 horas cando varios particulares alertaron ao ver unha forte nube de fume negro saír das instalacións da devandita planta, situada na rúa Doutor Zunzunegui do municipio.

O operario que estaba detectou problemas no motor da cabina de pintado; malia os seus esforzos co extintor non conseguiu frear o avance das lapas.

As pinturas, lacas e vernices puideron acelerar a expansión  do lume que afectou ao primeiro andar da nave moi próxima á Casa do Concello na rúa Doutor Zunzunegui.

 Os servizos de emerxencias confirmaron que ardera unha máquina de secado e un forno dentro das instalacións da empresa.

No punto atópanse os Bombeiros do Porriño, de Ponteareas e do Morrazo. Por agora, determinaron que non son necesarios máis profesionais, aínda que si se avisou ao GES de Mos por se fose precisa a súa intervención.

Tamén acudiron ao lugar axentes da Policía Local e da Garda Civil. A pesar de non haber persoas afectadas, a orixe do lume localizaríase nunha cabina de pintura da fábrica, polo que os labores de extinción son "complexas" ao haber vernices e demais elementos químicos no interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade