O bosque de sequoias de Poio celebra 30 anos de historia
Trátase da maior plantación de sequoias de Europa creada en 1992 como símbolo do quinto aniversario do descubrimento de América
A maior plantación de sequoias de Europa está en Galicia. Os case 500 exemplares chegaron a Poio con motivo do quinto aniversario do descubrimento de América, un agasallo dos Estados Unidos.
O profesor de Arizona John Harman é o artífice deste bosque. Nos seus anos de profesor en Salamanca descubriu Galicia e xurdiu a idea.
"Galicia parécese moito a California na miña opinión", di John Harman, promotor do bosque de sequoias.
Tívoo claro e escribiu ao Goberno dos Estados Unidos coa proposta que tras varios anos recibiu o visto e prace.
"Escribe unha carta á Comisión para celebrar o quinto aniversario", explica John Harman.
Así foi como as 500 sequoias chegaron a Poio, e con elas o profesor e un grupo de alumnos americanos que xunto con outro grupo de mozos galegos plantaron as árbores no 1992.
Agora Jonh Harman volve ao bosque de Colón para participar na homenaxe ao axente forestal Manuel Viéitez tras o seu falecemento para agradecerlle o seu traballo na conservación do bosque.
Aos seus 92 anos, ou profesor Harman sente moito orgullo do seu bosque galego, un recuncho único de paz que calquera pode ir visitar.