Publicador de contidos

Publicador de contidos

Con que famoso ir de cervexas? Os galegos tomaríanlle unha con Rafa Nadal ou Penélope Cruz 

Con que famoso ir de cervexas? Os galegos tomaríanlle unha con Rafa Nadal ou Penélope Cruz 

Deportistas, actores e cantantes copan as preferencias, que varían segundo as idades

A cervexa sen alcol é un consumo á alza por saúde ou por responsabilidade ao volante
G24.gal 22/05/2025 21:03 Última actualización 22/05/2025 21:15

Unha rúa con moitos bares coma esta da zona nova de Santiago é a preferida dos galegos para tomar unha cervexa a teor do estudo da Asociación de Cerveceros de España. De tarde ou no aperitivo, nestas mesas ocupadas por universitarios, turistas e veciñanza o 81 % toma as cervexas decote coas amizades ou compañeiros. Na fin de semana ou días libres tamén coa familia.

Pero, se puidesen, con que personaxe irían de cervexas? As respostas son múltiples e diversas: actores, cantantes e deportistas copan as preferencias.

E podería tomala sen alcol. España lidera o consumo desta cervexa a nivel mundial: bébena o 14 % dos habituais. O país produce e bebe máis cervexa sen alcol que toda a América Latina. Todas as marcas ofrécena porque por saúde ou por responsabilidade, é un consumo á alza.

Con ou sen alcol, a maioría dos galegos tomaríanlle unha, segundo idades, con Rafa Nadal, Penélope Cruz, Úrsula Corberó, David Broncano, Ana Belén ou o coruñés Mario Casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade