Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno de Trump prohíbe a Harvard matricular a estudantes estranxeiros

O Goberno de Trump prohíbe a Harvard matricular a estudantes estranxeiros

A decisión súmase aos ataques ideolóxicos do Goberno á prestixiosa universidade estadounidense

Vista da universidade de Harvard,/Faith Ninivaggi/Reuters Vista da universidade de Harvard,/Faith Ninivaggi/Reuters
G24.gal 22/05/2025 20:15

O Goberno de Donald Trump prohibiu á Universidade de Harvard matricular en adiante a estudantes estranxeiros, nunha grave escalada no conflito que os enfronta desde hai varios meses.

A decisión foi comunicada nunha carta remitida a Harvard e asinada pola secretaria de Seguridade Interior, Kristi Noem.

 "Escríbolles para notificarlles que, con efecto inmediato, o programa da Universidade de Harvard de Estudantes e Visitantes Estranxeiros foi revogado".

Esta decisión prodúcese nun momento de grave escalada entre Harvard e o Goberno en Washington polas acusacións deste último de tolerar o antisemitismo no campus, non dar cabida a discursos "alternativos" e empeñarse en aplicar programas de inclusividade sexual e racial, entre outras cousas.

"Isto significa que Harvard xa non pode matricular a estudantes estranxeiros e que os estudantes estranxeiros actuais deben transferirse ou perderán o seu status legal", anota un comunicado do Departamento de Seguridade Nacional de Estados Unidos.

O DHS indica que a elitista universidade "creou un ambiente inseguro no campus ao permitir que axitadores antiestadounidenses e proterroristas acosen e agridan fisicamente a persoas, incluíndo a moitos estudantes xudeus".

"É un privilexio, non un dereito, que as universidades matriculen a estudantes estranxeiros e benefíciense dos seus maiores pagos de matrícula para aumentar as súas multimillonarias dotacións. Harvard tivo moitas oportunidades de facer o correcto. Negouse", anota.

A secretaria xustificou a perda da certificación do Programa de Estudantes e Visitantes de Intercambio "por incumprimento da lei".

"Que isto sirva de advertencia a todas as universidades e institucións académicas do país", engadiu.

A matrícula en Harvard é de 59.320 dólares para o ano escolar que comeza a finais deste ano, e os custos poden ascender a case 87.000 dólares se se inclúe aloxamento e comida.

Os estudantes internacionais tenden a pagar unha maior proporción dos custos educativos en comparación con outros alumnos, de acordo co medio.

A Administración republicana notificou a Harvard sobre a decisión tras un tira e afrouxa nos últimos días sobre a legalidade dunha extensa solicitude de rexistros como parte da investigación do DHS.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade