Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varias tendas de Pontevedra atrasan a apertura ata as 11 para poder conciliar

Varias tendas de Pontevedra atrasan a apertura ata as 11 para poder conciliar

O que poden perder por non abrir a primeira hora gáñano flexibilizando o peche, tanto durante a semana como sábados e domingos

G24.gal 03/03/2023 15:48

Varias tendas do centro de Pontevedra decidiron atrasar a hora habitual de apertura. Os comerciantes din que así se adaptan a súa clientela ao tempo que poden conciliar coa vida propia.

Non por moito madrugar vai ir mellor o negocio, é o que pensan algúns tendeiros da zona vella de Pontevedra que decidiron abrir a partir das once da mañá.

Din que así lles é máis rendible, porque atenden ben a clientela e poden conciliar coa súa vida persoal, xa que na meirande parte dos casos están sós detrás do mostrador.

A pandemia modificou tamén os hábitos de consumo e o comercio tradicional ten que adaptarse aos novos costumes.

O que poden perder por non abrir á primeira hora gánano flexibilizando o peche, tanto durante a semana coma sábados e domingos.

A cuestión consiste en optimizar gastos e ingresos e conciliar coa propia vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar