Publicador de contidos

Varias localidades ourensás quedaron esta noite por baixo dos nove graos negativos

Varias localidades ourensás quedaron esta noite por baixo dos nove graos negativos

Manzaneda, A Veiga ou Calvos de Randín serven como exemplo dunha noite moi xélida na provincia de Ourense

Este mércores repítense os avisos por baixas temperaturas en boa parte de Lugo e Ourense

Mínimas de dous graos en Vigo na xornada máis fría do inverno

España tremela de frío e as incidencias sucédense

G24.gal 28/02/2023 14:53

O interior de Galicia espertou hoxe baixo cero. Despois dunha madrugada con avisos por baixas temperaturas, moitas foron as localidades que tiveron que agardar ata ben entrada a mañá para ver como empezaban a subir os termómetros, especialmente na provincia de Ourense.

Como exemplo os menos nove graos aos que chegaron en Manzaneda, A Veiga ou Calvos de Randín. En Xinzo de Limia, contra as seis da mañá rexistráronse -8,9 graos. E seguirá o frío. Os avisos por baixas temperaturas actívanse de novo en boa parte das provincias de Lugo e Ourense a partir das doce da noite, por mínimas que nas zonas máis altas poderían baixar dos menos seis graos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos