Cargando resultados...
Mínimas de dous graos en Vigo na xornada máis fría do inverno
Paseos ao sol pola praia de Samil para paliar as baixas temperaturas
G24.gal
28/02/2023 15:39
Última actualización 28/02/2023 16:25
En Vigo o frío lévase con moito humor. Os vigueses non están acostumados a estas baixas temperaturas, pero saben ben como palialas. A mínima de 2 graos fixo tremer a cidade a primeira hora. E o vento do nordés incrementou a sensación de frío.
Mañá inauguraremos o mes cunha temperatura similar. E o xoves subirá un pouco, pero a masa de frío continental quedará connosco uns días máis.
Xornada de abrigos en Vigo, pero tamén dun marabilloso ceo despexado.