Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estragan cinco coches en Cambados botándolles líquido corrosivo

Estragan cinco coches en Cambados botándolles líquido corrosivo

Estragan cinco coches aparcados na rúa botándolles un líquido corrosivo

É a sexta vez nos últimos meses que estragan vehículos aparcados nas rúas de Cambados

G24.gal 18/04/2023 20:24 Última actualización 18/04/2023 20:57

É a sexta vez nos últimos meses que estragan vehículos aparcados nas rúas de Cambados. Desta volta o acto vandálico produciuse na rúa Olmos, onde a noite pasada lles botaron líquido corrosivo a catro dos cinco vehículos atacados e lles estragaron a pintura. É un vandalismo que se repite nesta rúas, xa que no mes de xaneiro picaron as rodas de varios coches.

"Todas as mañás saes a traballar, e levántaste co teu coche... Se non son as rodas, agora é a pintura... Mañá que vai ser, sabes?".

"Vaia broma, é unha avaría hoxe en día como están as cousas, pero, en fin, é o que hai", din os veciños.

Os veciños xa empezan a estar fartos. Esíxenlle ao Concello que poña cámaras de vixilancia, xa que aseguran que deixar o coche aparcado en certas rúas de Cambados comeza a ser un perigo.

"Si, ultimamente si. De feito, a min picáronme as rodas do coche e aluguei outra praza de garaxe para meter o outro coche e que non volvera pasar, pero... xa vedes".

"Falaban de poñer cámaras. Non sei se as puxeron ou non, pero algo terán que facer para evitar todo isto, porque isto é unha zona moi perigosa, aparcar aquí na rúa dos Olmos é unha zona moi perigosa", quéixanse os veciños.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación para dar co responsable ou responsables destes actos de vandalismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade