Valverde, o peregrino máis rápido no primeiro Gran Camiño
Un dos mitos do ciclismo mundial deulle prestixio á primeira edición da proba galega
Sacoulle oito segundos a Michael Woods na clasificación final
Alejandro Valverde impúxose na primeira edición de O Gran Camiño, a volta que devolveu o ciclismo de elite ás estradas galegas. Precisaba recurtarlle dez segundos a Michael Woods na contra o reloxo de Sarria e meteulle 18 segundos.
Valverde estivo a un nivel sensacional. Malia a súa idade (cumprirá 42 anos no vindeiro mes de abril) Valverde gañou a etapa raíña e estivo sempre entre os mellores. Viña a Galicia para gañar e demostrouno sobre a bicicleta.
Gran actuación de Woods, gañador da mítima subida ao Ézaro e premio final para Mark Padun. O ucraíno gañou a última tirada e a adicatoria foi clara, para o seu país e a súa familia, castigada polos bombardeos de Rusia.