Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tadej Pogacar revalida o seu título mundial cunha nova exhibición en Ruanda

Tadej Pogacar revalida o seu título mundial cunha nova exhibición en Ruanda

O esloveno fuxiu a máis de cen quilómetros para a meta, e quedou en solitario a 50

Subcampion é Remco Evenepoel, o seu gran rival, campión contra reloxo

O galego Carlos Canal acabo o esixente percorrido no vixésimo posto

Foto: Reuters
G24.gal 28/09/2025 17:26

Tadej Pogacar segue agrandando a súa lenda. Despois de alzarse co seu cuarto Tour hai dous meses, e despois de rexeitar a súa participación na Volta, o esloveno foi a Ruanda á disputa dos mundiais de ciclismo. Disputou a contra reloxo na que non conseguiu subir ao podio, e mesmo foi dobrado por Evenepoel. Pero desquitouse do belga na proba en ruta, na que acadou o seu segundo arco da vella consecutivo.

O campión vixente gañou como o adoita facer nas clásicas, asoballando aos rivais. Fuxiu a un cento de quilómetros da meta, e fixo os últimos corenta cunha nova exhibición, para presentarse en solitario na meta cun tempo de 6 horas, 21 minutos e 20 segundos. 

Remco Evenepoel pagou cara unha avaría. A asistencia tardou demasiado en chegar, e o belga viu se obrigado a remontar, mási dun minuto por detrás. Finalmente superou a todos, pero non puido con Pogacar, proclamándose subcampión a 1.28. O podio completouno o irlandés Healey, a 2.16

Carlos Canal fixo unha gran actuación. O galego rematou a proba no vixésimo posto, a 10.16 de Pogacar. So rematou outro español, Ayuso, no 8º posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade