O Baxi Ferrol suma a súa segunda vitoria europea
As de Lino López chegaron os cen puntos nun partido brillante na faceta ofensiva
Daniels, Joris, Moiner e Millán foron as máis destacadas no equipo de Lino López
Dous partidos e dúas vitorias na Eurowomen Cup para as ferrolás
O primeiro cuarto foi un intercambio de accións ofensivas entre ambos conxuntos e ningún dos dous era quen de despegarse no marcador. Sería mediado o segundo cuarto, despois do 22-22, cando as de Lino López deron o primeiro tirón no marcador cun parcial de 20-9 e levando a diferenza os 13 puntos (42-29). Ao descanso chegarían cun 49-37 a favor das departamentais grazas en parte o acerto de Blanca Millán e Dalayah Daniels.
No terceiro cuarto sería o acerto da norteamericana Moira Joiner a que mantería a vantaxe das ferrolás sempre arredor dos dez puntos, ata que de novo unha inspiradísima en ataque Blanca Millán faría máis dano no equipo checo levando a renda os vinte e un puntos ao remate do terceiro cuarto. No último cuarto seguiu o vendaval ofensivo das de Lino López que deixarían o marcador final nun contundente 100-64.