O Valencia Basket remata co soño copeiro do Ensino (83-72)
As lucenses estiveron no partido ata o último cuarto onde o equipo laranxa impuxo o seu maior fondo de banco
Gran partido de Alicia Flórez con 18 puntos anotados e 19 de valoración
O vValencia das galegas Raquel Carrera e María Araujo xogará as semifinais ante Zaragoza
@EnsinoLugoCB
O equipo lucense entrou moi enchufado no partido cun parcial de 10-2 favorable que obrigou ao adestrador laranxa Rubén Burgos a solicitar un tempo morto para frear o bo inicio de Tate e Orsili. E reaccionarían coa entrada a pista da internacional Awa Fam, que xunto a Leo Fiebich propiciarían un parcial o seu favor de 12-0 deixando o marcador ao remate do cuarto en 16-13 favorable as valencianas.
Conseguiría cortar a sangría o equipo galego no inicio do segundo cuarto con cinco puntos consecutivos de Alessandra Orsili. O partido entrou nunha fase de intercambio de canastras e as lucenses tiveron unha posesión para poñerse por diante no marcador a un minuto do descanso. Elba Garfella non anotou e o Valencia castigaría nese minuto ao Ensino, infrinxindo un parcial de 5-0 e deixando o electrónico ao intermedio nun 42-36.
Outra vez o mal inicio de cuarto penalizaría ao equipo de Suso Garrido. A ourensá Raquel carrera anotaba con facilidade e Valencia ía ampliando pouco a pouco a súa diferenza. Reaccionaría o Ensino que se colocaría a seis puntos (60-54) pero unha tripla de Coffey volvería a incrementar a nove puntos ao remate do terceiro cuarto (63-54).
No último cuarto o equipo laranxa fixo valer a súa maior profundidade de banco, cunha defensa moi agresiva que non soubo superar o cadro lucense rematando o soño copeiro tras o 83-72 favorable ao Valencia Basket.