Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Ares retorna á acción co seu Toyota GR Yaris Rally2 no Rally San Froilán

Iván Ares retorna á acción co seu Toyota GR Yaris Rally2 no Rally San Froilán

Estará acompañado por Javier Martínez como copiloto

G24.gal 15/10/2025 16:49 Última actualización 15/10/2025 16:56

Sorpresa na última cita do Campionato Galego de Rallys. Tras varios meses de parada, o piloto galego Iván Ares volverá á competición ao volante do Toyota GR Yaris Rally2.

Ares participará esta fin de semana no Rally San Froilán, acompañado por Javier Martínez como copiloto, co obxectivo de recuperar sensacións e ritmo competitivo despois dun longo período afastado dos tramos.

Ares contaba con regresar no Supercampionato, en Llanes, pero finalmente será en Lugo. Aínda que o seu nome non era o que aparecía orixinalmente na lista de rexistrados do San Froilán co Toyota, un cambio de última hora reflicte a súa esperada aparición. Algo similar, á inversa, ao que ocorreu no Rally Sierra Morena o pasado mes de abril, no que Alejandro Cachón acabou ocupando o seu lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade