O alcol e a rasqueta son os mellores aliados para quitar o xeo dos coches
O alcol e a rasqueta son os mellores aliados para quitar o xeo dos coches
Ademais de botar anticonxelante cómpre despexar os faros antes de arrancar
Cando as temperaturas baixan é frecuente atopar o coche cuberto de xeo. Agardar a que coche queza é unha posibilidade. Tamén, tomar precaucións e protexer os cristais do coche con mantas ou un cartón. Se o xeo está xa pegado, aínda hai marxe de manobra. O ideal é botarlle alcol.
A auga quente non lle vai ben e tampouco botarlle sal porque pode aramar o cristal e afectar á chapa. Accionar os limpaparabrisas sobre a capa de xeo non é aconsellable porque poden estragarse. O ideal, rascalo un pouco.
De non contar con rasqueta nin alcol recoméndase arrancar o motor e conectar a calefacción co aire acondicionado dirixido ao parabrisas. Encher o depósito do líquido do parabrisas con anticonxelante tamén axuda e non se debe esquecer retirar o xeo dos faros, para facelos máis visibles.