Publicador de contidos
Publicador de contidos

Urxen o Concello de Sada a que actúe ante o problema de insalubridade nunha rúa

Urxen o Concello de Sada a que actúe ante o problema de insalubridade nunha rúa

Os veciños quéixanse de que a casa en ruínas nun soar abandonado na rúa da Obra son un acumulador de lixo, de maleza e de ratas 

Fachada da casa ruinosa na rúa da Obra, en Sada, nunha imaxe deste xoves
G24.gal 11/04/2024 14:05 Última actualización 11/04/2024 15:09

Os residentes e comerciantes dunha rúa de Sada din estar fartos das molestias que ocasiona o soar con casa ruinosa que hai entre dous edificios. A fachada pegada á beirarrúa, é lugar de evidente risco de desprendemento e de vertedoiro de lixo. Yolanda e Dani sofren esta situación de cerca.

"Os ratos corren polas paredes de enriba para embaixo. É completamente insalubre", di Dani. E Yolanda explica: "De noite, cando saes a pasear, sáenche as ratas e tes que dar a volta polo outro lado, porque se non... É horrible".

Mari Carmen di que é un problema que vén desde hai décadas: "Eu lémbroo de toda a vida. Levo aquí vivindo trinta anos. Nese tempo foise deteriorando, pero sempre estivo abandonado".

As hedras que medran dentro gabean polas fachadas próximas ata entraren polas ventás, como se observa desde un dos pisos altos.

As queixas dos veciños ao Goberno municipal de Sada, polo que din, non lles dan resultado, aínda que o problema afecta a todos: "Sucidade para todos os negocios que hai aquí, ratas, veciños de aquí tiran o lixo e nada... Levamos un montón de tempo pelexando, chamando o Concello, e non hai solución, non vemos solución ningunha", relata María que vive na mesma rúa sadense.

E Dani, afirma que "hai queixas de todo tipo ao alcalde directamente, ao Concello...  e non hai maneira!".

Engaden que de vez en cando veñen operarios da limpeza municipal retirar bolsas de lixo que alguén bota alí en vez de deixala no colector. Din que están cansos de ver como o tempo pasa e o problema crece ante a inacción da propiedade do soar e do Goberno local ao respecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar