Unións Agrarias reelixe secretario a Roberto García, que pide acabar coa "confrontación" na industria
Unións Agrarias reelixe secretario a Roberto García, que pide acabar coa "confrontación" na industria
Alfonso Rueda ofrece diálogo ás organizacións para buscar solucións aos desafíos do rural galego
Unións Agrarias fai 40 anos reivindicando prezos xustos e servizos dignos
Unións Agrarias celebrou en Santiago o seu 12 congreso nacional, no que saíu reelixido como secretario xeral Roberto García. O responsable da primeira organización agraria de Galicia apelou a "romper co pasado de confrontación coa industria", nun acto en que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ofreceu diálogo ao asociacionismo agrario.
Unións Agrarias fai 40 anos reivindicando prezos xustos e servizos dignos para manter o rural vivo, e anunciando tamén un cambio de actitude.
Entre os desafíos actuais, a organización destaca como lles poden afectar ás adegas os aranceis ou a nova lei de tráfico e anima a reflexionar sobre a moratoria do eucalipto.
"Non é negociable novas plantacións en terras agrarias, nin plantar eucaliptos en Rede Natura, pero a prohibición do eucalipto sen máis non solucionou o problema do piñeiro", explicou Roberto García.
O presidente da Xunta coincidiu en que cómpre reflexionar sobre este asunto e apelou ao diálogo coas organizacións agrarias para buscar solucións á falta de remuda xeracional, o aproveitamento de terras ou poder xestionar os fondos europeos dende as administracións máis próximas aos cidadáns.
"Veño a ofrecerme persoalmente e pedir interlocución para chegar a acordos", dixo Alfonso Rueda.