Cargando resultados...
Unha veciña de Ourense cultiva verzas de case tres metros de altura
Di que ten que usar unha escada para coller as follas coas que alimenta as pitas
G24.gal
03/10/2022 22:01
Nunca se sabe onde pode saltar a noticia nunha casa. Delia, veciña da parroquia ourensá de Cudeiro, descubriuna na súa propia horta. Fixouse nunha das verzas, que, ao seu ver, tiña un tamaño fóra do normal.
Sen pensalo dúas veces colleu o metro e púsoxe a medir o vexetal. Dous metros setenta centímetros. Unha medida certamente nada usual para unha coella, cuxo tamaño medio anda polos dous metros.
Que sexa tan alta a verza, pode ser noticioso, hai opinións. O certo é que é pouco práctico ter que coller unha escada para apañar as follas, que logo lles bota ás galiñas.
Agora esperará pola semente para poder seguir cultivando verzas de altura.