Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Cospeito, con 101 anos, é unha das condutoras con máis idade de Galicia

Unha veciña de Cospeito, con 101 anos, é unha das condutoras con máis idade de Galicia

Vive soa nunha aldea de Cospeito e ter un coche facilítalle a vida para poder desprazarse á compra, ao médico ou visitar os seus familiares

Seguramente Nieves non teña os reflexos dunha moza de vinte, pero si a prudencia ao volante

G24.gal 11/05/2026 14:20

Nieves Vázquez Peteira que, aínda que non aparente a idade, ten 101 anos. É unha das condutoras máis veteranas de Galicia, se non é a máis. 

Vive soa nunha aldea de Cospeito e ter un coche facilítalle a vida para poder desprazarse á compra, ao médico ou visitar os seus familiares. Á súa idade ten que renovar o carné cada ano e, unha vez máis, acaba de superar o psicotécnico sen problemas.

Seguramente Nieves non teña os reflexos dunha moza de vinte, pero si a prudencia ao volante. Ningunha multa por exceso de velocidade.

"Vou a 50. Nestas estradas xa non se pode ir a máis de 60. Son formal, vou pola miña dereita e o que me queira pasar, que me pase.Son moi prudente. Se vexo que é perigoso vou amodo e dáme tempo a reaccionar. Nunca tiven un accidente".

Todos os anos renova o psicotécnico con nota. Boa audición e conserva unha visión envexable.

"Cando me puxo as letras a doutora xa lle dixen: si quere léoas de abaixo arriba. Quedou sorprendida".

Saca o coche para ir visitar os sobriños, e facer recados en Vilalba ou Feira do Monte. Todo nun radio duns 20 quilómetros. 

"Estou no límite. Vou a Vilalba son nove, vou a Cospeito son catro. A outro lado xa non vou".

Gústalle conducir. Entre outras cousas, porque ao volante non lle doen as pernas.

"Si que me gusta. Eu sento no coche e como nesa postura estou ben, é coma se tivese vinte anos".

Xunto a ela está o seu inseparable Citroën. O seu primeiro e único coche. Nunca lle deu problemas e, ao igual que a súa propietaria, sempre pasa a ITV.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade