Meses de espera para sacar o carné de conducir pola falta de profesores nas autoescolas
A cifra media de prácticas que realiza actualmente un alumno para superar o exame de conducir roza as 40, o que contribue a tamén á saturación das autoescolas
Actualmente xa non é unha prioridade para moitos rapaces sacar o carné de conducir en canto fan a maioría de idade. Os que se matriculan é por necesidade, pola falta de alternativa de transporte público para moverse, por traballo ou moitos inmigrantes para acceder a un emprego.
Pero desde hai un tempo non abonda con ter vontade de sacar o carné. Os alumnos teñen que esperar meses para poder facer as prácticas ou examinarse.
Nas autoescolas apuntan 3 motivos para explicar esa saturación: a falta de profesores nos centros, que os alumnos necesitan máis prácticas ca antes para aprobar o carné e a falta de examinadores.
A cifra media de prácticas que realiza actualmente un alumno para superar o exame de conducir rolda as 40, o que contribue a tamén á saturación das autoescolas.