Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha sentenza do Supremo endurece as penas para os atentados contra o patrimonio

Unha sentenza do Supremo endurece as penas para os atentados contra o patrimonio

O Supremo entende que sexa cal sexa a contía dos danos ao patrimonio, pasa a ser considerado delito penal

G24.gal 01/04/2022 16:30

Unha sentenza do Tribunal Supremo endurece as penas para os condenados por atentar contra o patrimonio, sexa cal sexa a contía dos danos, pasa a ser considerado delito penal.

Todo vén por unha sentenza do Tribunal Supremo que, visto o caso dun graffiteiro que pintou unha obra de Chillida en Madrid, lle impuxo unha condena de cinco meses de cárcere ademais da multa.

A setenza abre unha nova consideración para os danos no patrimonio, que pasarían a ser delito cando non sexan “facilmente reparables”, di o Supremo. Entende o tribunal que, se non se poden reparar cunha simple limpeza, e hai que facer traballos de restauración, xa sería un delito de danos tipificado no Código Penal, independentemente do custo que teña reparar eses danos.

Hai casos tan soados coma este en 2018, polo que ninguén pagou. Non é, por desgraza, o único.

Acaso para tentar disuadir os vándalos, o Supremo endurece as penas para os que danen o patrimonio. Calquera estrago que haxa que reparar cun traballo de restauración, independentemente do que custe, considérase delito e pode levar prisión.

Ata agora só se consideraban delitos de danos os graffiti de grande envergadura, e o resto eran unha infracción administrativa castigada con 600 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade