Publicador de contidos

Publicador de contidos

75 extintores e cables detectores de fume 24 horas: a tecnoloxía salvou a Mesquita de Córdoba

75 extintores e cables detectores de fume 24 horas: a tecnoloxía salvou a Mesquita de Córdoba

Cen horas despois do incendio, xa están en marcha as tarefas de recuperación da mesquita-catedral

Hai detectores de lume, medidores de aire e bocas de agua dentro e fóra do templo

O moderno sistema antilume da Mesquita facilitou a extinción do lume nun par de horas

Operarios traballan na zona afectada polo incendio na mesquita de Córdoba (EFE/Salas)
G24.gal 12/08/2025 13:53

Están en marcha xa os traballos de recuperación das capelas que arderon este venres na Mesquita de Córdoba, un templo con máis de mil anos de historia e Patrimonio da Humanidade da Unesco. Chama a atención a rapidez coa que se extinguiu o lume, nunhas tres horas, e o rápido tamén que se inician as obras de restauración. 

A Mesquita de Córdoba ten máis de mil anos pero conta cun sistema contra os incendios de última xeración. Nos máis 20.000 metros cadrados de construción, hai detectores de fume, de lume, de calor, 75 extintores, cables que miden o aire... Tecnoloxía, pendente, as 24 horas do día. Dentro do templo hai tomas de auga, na cuberta tamén, unhas vinte bocas de emerxencia. Na rúa, tamén para os bombeiros é sinxelo coller auga en caso de lume. O incendio do venres foi apagado en tres horas. 

Na Mesquita de Córdoba, Patrimonio da Humanidade, haberá nuns meses un sistema de nebulizadores de auga, como o que instalaron en Notre Dame despois do lume que estragou o templo en abril do 2019. Estivo ardendo máis de 24 horas. 500 bombeiros traballaron na extinción. Tardaron cinco anos e medio en recuperar a catedral, que ten máis de 850 anos de historia. 

2.000 traballadores restauraron a edificación de arte gótico. Custou uns 700 millóns de euros. Todos de doazóns privadas. Os incendios de Córdoba e París lembran o lume que arrasou o Santuario da Barca de Muxía o día de Nadal do 2013. A recuperación, que  xerou debate e está pendente de melloras, levou ano e medio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade