Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece aos 70 anos o maxistrado José Vicente Alvariño, ex-xuíz decano de Santiago

Falece aos 70 anos o maxistrado José Vicente Alvariño, ex-xuíz decano de Santiago

O maxistrado Alvariño xubilouse hai dous anos; daquela recibiu unha homenaxe de xuíces, fiscais, avogados, procuradores e outros funcionarios de Xustiza

Entre 2014 e 2018 foi elixido decano dos xuíces composteláns

O Colexio da Avogacía de Santiago concedeulle a medalla de ouro pola súa traxectoria

G24.gal 09/08/2025 22:31

Este sábado morreu aos 70 anos o xuíz José Vicente Alvariño. Foi director xeral da Asesoría Xurídica da Xunta e maxistrado no Xulgado do Contencioso Número 2 de Santiago. O xuíz Alvariño xubilárase hai dous anos.

Entre 2014 e 2018 foi elixido decano dos xuíces composteláns, etapa en que se esforzou por mellorar as dotacións dos xulgados da cidade.

José Vicente Alvariño Alejandro naceu en Santiago de Compostela en 1955. Cando se xubilou, recibiu unha homenaxe de xuíces, fiscais, avogados, procuradores e outros funcionarios de Xustiza. Ademais o Colexio da Avogacía de Santiago concedeulle a medalla de ouro pola súa traxectoria.

Este domingo, ás 18 horas vaise celebrar unha misa de corpo presente na Capela do Complexo Apóstolo e, deseguido, será incinerado na intimidade familiar, segundo recolle a súa nota necrolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade