Cargando resultados...
Atopan unha persoa falecida nunha piscina en Carballeda de Valdeorras
Un particular que acudira á piscina de Riodolas observou unha persoa aboiando e deu aviso aos servizos de emerxencia

G24.gal
15/08/2025 13:40
Unha persoa foi localizada morta este venres á mañá nunha piscina de Carballeda de Valdeorras. Segundo informa o servizo de emerxencias 112Galicia, o aviso chegou por parte dun particular contra ás 11:00 horas. Segundo indicou, acudira á piscina en Riodolas e observou unha persoa flotando nela.
Desde o 112 informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se mobilizou ata o lugar pero só puido confirmar o falecemento da persoa.
Tamén se desprazou a Garda Civil ata a zona.