Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía amplía as liñas de investigación pola morte das dúas adolescentes en Xaén

A Policía amplía as liñas de investigación pola morte das dúas adolescentes en Xaén

A hipótese principal segue a ser o suicidio, aínda que non se descarta ningún escenario

A Junta de Antalucía unta confirma protocolos previos por risco de autolesión nun dos centros

Aparecen mortas dúas adolescentes de 15 e 16 anos nun parque de Xaén

Vista do Parque da Concordia, Xaén, onde apareceron os corpos das dúas adolescentes. Foto: EFE/José Manuel Pedrosa Vista do Parque da Concordia, Xaén, onde apareceron os corpos das dúas adolescentes. Foto: EFE/José Manuel Pedrosa
G24.gal 01/12/2025 20:26

A Policía Nacional mantén abertas todas as liñas de investigación para esclarecer a morte de dúas adolescentes atopadas sen vida na madrugada do sábado nun parque do centro de Xaén, aínda que continúa a considerar o suicidio como hipótese principal.

A Policía descartou que as dúas mozas sufrisen acoso escolar, malia os testemuños de amizades que apuntaban a esa posibilidade.

A familia de Sharit, de 16 anos, negou que a menor pretendese quitarse a vida. O seu pai asegurou que non cre na hipótese do suicidio.

Rosmed, a outra adolescente, foi incinerada o domingo.

Ambas tiñan nacionalidade española e vínculos familiares con Colombia.

Compañeros e profesorado definiron Sharit como unha estudante con boas notas e de carácter reservado.

A familia negou que sufrise acoso escolar.

Sobre Rosmed, o pai de Sharit afirmou que cambiou de centro en varias ocasións e que abandonou os estudos en setembro.

A Policía Nacional insistiu en que non existen indicios de acoso nin protocolos activados por esa causa.

Protocolo de prevención de suicidio activado nun instituto

A Consellería de Desenvolvemento Educativo explicou que dous institutos nos que estudou unha das mozas tiñan activado un protocolo de prevención ante condutas suicidas ou autolesións, un procedemento orientado á detección e seguimento de alumnado en situación de risco.

Concentración cidadá e peticións de máis seguridade

Centos de persoas reuníronse este luns na Praza de Santa María en apoio ás familias. Participaron estudantes do IES San Juan Bosco, onde cursaba estudos Sharit. O centro ofrecerá apoio psicolóxico e gardará dous minutos de silencio.

Membros da comunidade colombiana en Xaén solicitaron un aumento da vixilancia policial no parque da Concordia, lugar onde apareceron os corpos.

 

Compañeros e profesorado definiron Sharit como unha estudante con boas notas e de carácter reservado. A familia negou que sufrise acoso escolar. Sobre Rosmed, o pai de Sharit afirmou que cambiou de centro en varias ocasións e que abandonou os estudos en setembro.

A Policía Nacional insistiu en que non existen indicios de acoso nin protocolos activados por esa causa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade