Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía investiga a morte dunha persoa nun edificio abandonado en Ourense

A Policía investiga a morte dunha persoa nun edificio abandonado en Ourense

Polo momento, non transcenderon as causas nin as circunstancias do falecemento

G24.gal 06/12/2025 20:10 Última actualización 07/12/2025 14:26

A Policía Nacional investiga o falecemento dunha persoa na cidade de Ourense. O corpo foi atopado nun edificio abandonado da avenida das Caldas, no barrio da Ponte, en avanzado estado de descomposición.

Segundo informan fontes da Subdelegación do Goberno, alertaron da presenza do cadáver sobre as 20:00 horas do sábado, pero todo parece indicar que a morte se produciu días antes.

Nunha primeira inspección ocular, non presentaba indicios de violencia, pero será a autopsia a que determine as causas do seu pasamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade