Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha primeira edición do 'Alba de Groria', de Castelao, pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca da Unesco

Unha primeira edición do 'Alba de Groria', de Castelao, pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca da Unesco

A publicación que viaxa a París é o derradeiro discurso que o galeguista pronunciou no exilio e foi editado no ano 1951 en Bos Aires e forma parte dunha tiraxe de dous mil exemplares

G24.gal 20/05/2025 14:37

Unha primeira edición do Alba de Groria, de Castelao, pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca da Unesco. O centro cultural que custodia o legado de Antía Cal e Antón Beiras acolleu a preparación do envío, que vai acompañado dunha carta escrita polo alumnado da escola de Muras.

Un agasallo co que o Legado Activo Beiras Cal agasalla a Unesco pola súa defensa da diversidade lingüística e tamén para conmemorar o ano Castelao

A publicación que viaxa a París é o derradeiro discurso que o intelectual galeguista pronunciou no exilio. Foi editado no ano 1951 en Bos Aires e forma parte dunha tiraxe de dous mil exemplares. 

O acto finalizou cun saúdo por videoconferencia do embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade