Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha persoa morta no estouro de gas dunha vivenda en Badaxoz

Unha persoa morta no estouro de gas dunha vivenda en Badaxoz

Outras dezaseis persoas quedaron feridas, todas elas de carácter leve

G24.gal 01/06/2023 18:42 Última actualización 01/06/2023 18:49

O corpo sen vida dunha persoa foi encontrado polos bombeiros que realizaban labores de extinción no incendio provocado por unha explosión de gas nunha vivenda da barriada de San Fernando, en Badaxoz.

Outras 16 persoas quedaron feridas, todas de carácter leve, entre elas dous axentes de policía, dous bombeiros e veciños, a maioría afectados por crise de ansiedade, informou o Centro de Urxencias e Emerxencias 112 de Estremadura.

O estouro prouciuse arredor das 15:30 horas deste xoves, xusto cando os bombeiros ían forzar a porta da vivenda por un forte cheiro a gas que proviña do interior.

Efectivos policiais investigan as causas do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade