Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche sen freo de man caeu por un cantil a carón da Ponte dos Santos, en Ribadeo

Un coche sen freo de man caeu por un cantil a carón da Ponte dos Santos, en Ribadeo

O condutor salvouse porque estaba fora do vehículo, que leva dende o sábado abandonado na praia

A retirada do vehículo non vai ser unha tarefa fácil

G24.gal 07/05/2025 14:34

En Ribadeo, un coche leva catro días varado nunha cala. Caeu polo cantil e ágora buscan a forma de retiralo. O condutor salvouse porque estaba fora do vehículo.

Din os veciños que non é a primeira vez que pasa algo semellante. 

"Non é o primeiro xa que cae por aquí. Hai anos houbo outro caso".

Este sábado volveu pasar. Un descoido do condutor do vehículo que esqueceu pór o freo de man. A pendente natural desta área de descanso fixo o demais. "Deixas sen poñer o freo de man e é fácil", contan. 

Nesta zona de difícil acceso non vai ser doado quitar o coche.  

"Da outra vez tiraron cables e sacárono cun guindastre", comenta unha veciña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade