Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retencións nos accesos ás grandes urbes na operación retorno da ponte de maio

Retencións nos accesos ás grandes urbes na operación retorno da ponte de maio

Dende o mércores 30 de abril morreron 14 persoas nas estradas en accidentes de tráfico

Operación retorno da ponte do 1 de maio nos aeroportos galegos

Tráfico na A5 en Talavera de la Reina. EFE/ Manu Reino Tráfico na A5 en Talavera de la Reina. EFE/ Manu Reino
G24.gal 04/05/2025 19:25 Última actualización 04/05/2025 20:01

A primeiras horas da tarde deste domingo comezou a operación retorno do dispositivo especial de tráfico desta ponte do primeiro de maio. A circulación foi complicada, sobre todo nas entradas a Madrid, onde o 2 de maio tamén foi festivo.

Tamén houbo retencións nalgúns accesos a Barcelona, Murcia, Málaga e outros núcleos urbanos de Andalucía, a Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León e Estremadura.

A Dirección Xeral de Tráfico calcula que en toda a o ponte se rexistraron uns sete millóns e medio de desprazamentos. Dende ás 15:00 horas do mércores  pasado, 30 de abril, ata o domingo faleceron 14 persoas nas estradas en accidentes de tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade