Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un veciño de Sarria de 64 anos ao chocar coa súa furgoneta contra un camión en Sarria

Morre un veciño de Sarria de 64 anos ao chocar coa súa furgoneta contra un camión en Sarria

O sinistro ocorreu no quilómetro 53 da LU-633, arredor das 17:30 horas deste xoves

G24.gal 15/01/2026 19:15 Última actualización 15/01/2026 20:19

Un home de 64 anos veciño de Sarria perdeu a vida na tarde deste martes ao chocar coa súa furgoneta contra un  camión con remolque.

O sinistro produciuse arredor das 17:30 horas no quilómetro 53 da estrada LU-633 en Sarria.

Foi o condutor do camióno que alertou os servizos de emerxencia.

O ocupante da furgoneta quedara atrapado no interior do seu vehículo. 

O 112 Galicia mobilizou de inmediato o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Os equipos desprazados ata o lugar non puideron evitar o falecemento do ocupante da furgoneta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade