Cargando resultados...
Morre un home este domingo na praia da Lagosteira, en Fisterra
O home duns 60 anos e procedente de Suiza faleceu despois de ser rescatada na auga
G24.gal
17/08/2025 20:18
Segundo informa o 112, a vítima faleceu despois de ser rescatada da auga. Emerxencias tivo constancia do suceso arredor das 18:00 horas, cando un particular comunicou que unha persoa necesitaba atención médica na praia.
O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero con base en Santiago, pero os sanitarios non puideron facer nada pola súa vida. Ata o lugar tamén foron mobilizados unha patrulla da Policía local e voluntarios de Protección Civil de Fisterra.