Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridos dous homes que caeron por un noiro en Poio, ao parecer logo dunha discusión polos cans

Feridos dous homes que caeron por un noiro en Poio, ao parecer logo dunha discusión polos cans

Tiveron que ser rescatados e evacuados polos servizos de urxencias, un deles en padiola

Foto de arquivo / Europa Press Foto de arquivo / Europa Press
G24.gal 29/07/2025 11:29

Dúas persoas foron rescatadas polos servizos de emerxencia tras sufrir un accidente cando camiñaban pola Ruta dous Muíños de Samieira, en Poio (Pontevedra).

As vítimas, un home de 71 anos e veciño de Samieira e outro home de 65, natural de Sanxenxo, caeron por un terraplén de difícil acceso e quedaron paralizados e atrapados.

A maior dificultade para os membros do operativo de rescate foi localizar estas dúas persoas, xa que chegar á zona era moi complicado e os accidentados non podían moverse.

Unha vez que os atoparon, a un deles houbo que trasladalo a man en padiola durante un tramo e logo nun vehículo ata unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O outro saíu andando con axuda dos efectivos de rescate. Os dous accidentados sufriron feridas de consideración na caída.

No dispositivo de rescate participaron Policía Local e Protección Civil de Poio, o GES de Sanxenxo e persoal sanitario do 061. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade