Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG suspende de militancia o seu voceiro en Cospeito, investigado por suposta agresión á súa parella

O PSdeG suspende de militancia o seu voceiro en Cospeito, investigado por suposta agresión á súa parella

Os socialistas toman esta medida á espera de que a xustiza resolva se houbo ou non responsabilidade

O edil socialista de Cospeito declarara nos xulgados de Vilalba ( Carlos Castro - Europa Press) O edil socialista de Cospeito declarara nos xulgados de Vilalba ( Carlos Castro - Europa Press)
G24.gal 29/07/2025 11:43

O PSOE lugués suspende de militancia ao voceiro socialista no concello de Cospeito, Daniel Irimia, tras a súa detención por unha presunta agresión a súa parella. Anunciouno o secretario provincial dos socialistas lugueses, José Tomé.

Os socialistas toman esta medida á espera de que a xustiza resolva se houbo ou non responsabilidade. Daniel Irimia quedaba en liberdade e sen ningunha medida de protección. Tanto el como a súa parella, que non presentou denuncia, acolléronse ao seu dereito a non declarar. Está investigado por un delito de lesión por presuntamente empurrar a súa parella cando asistían a unha voda.

“Nós o que imos facer de inmediato é a suspensión de militancia, ata que o Xulgado diga o que considere oportuno”, aclarou Tomé.

Haberá que ver “se non hai responsabilidades, oxalá sexa así”, dixo Tomé, pero “se hai responsabilidades, esas persoas non poden estar no noso partido, porque nós rexeitamos calquera tipo de violencia, sexa do tipo que sexa, sobre todo se é violencia machista”.

Tomé defendeu a forma de actuar do Partido Socialista ante este tipo de casos. “Imos proceder, non como outros, que, coñecendo os temas, pasan meses. Nós non. Imos actuar de inmediato, cunha suspensión de militancia ata que o xulgado ditamine se hai responsabilidades ou non”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade