Publicador de contidos

Publicador de contidos

Besteiro di que Galicia é unha "causa diaria" e non unha bandeira para sacar en "festivos"

Besteiro di que Galicia é unha "causa diaria" e non unha bandeira para sacar en "festivos"

O secretario xeral do PSdeG aposta por un galeguismo "útil, sen exclusións, que non quede xamais na nostalxia, nin tampouco nas etiquetas"

Besteiro e outros dirixentes socialistas participaron no acto de Rianxo
G24.gal 25/07/2025 13:48

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este venres que Galicia é unha "causa diaria", non unha mera bandeira "que se saca en festivos, e fixo votos por un galeguismo útil, sen exclusións, que non quede xamais na nostalxia, nin tampouco nas etiquetas.

En Rianxo (A Coruña), ante o busto de Castelao,  Besteiro pediu unha terra "sen fronteiras mentais" que sexa de quen a coide e defenda.

Do presidente, Alfonso Rueda, opina que non preside, "obedece", e que o seu partido ten unha mirada "cada vez máis ultra" que xa "nin disimula"; a do BNG vea de "autosuficiencia moral" e a do PSOE, en cambio, é a da "esquerda", a do "progresismo".

Besteiro, tras a ofrenda floral, clamou por un galeguismo aberto, orgulloso, ambicioso e solidario, así como por un maior autogoberno e por un novo modelo de financiamento que sexa singular, suficiente, corresponsable e solidario.

"Un galego que non se rebela non é galego", dicía Castelao e dixo hoxe o líder dos socialistas da Comunidade, que cargou contra o "boicot á nosa dignidade lingüística" e contra a postura da Xunta ante os "migrantes que foxen de crises humanitarias" posto que "esa actitude nos deshumaniza como país". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade