Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG perde na Deputación de Lugo a votación na que pedía a dimisión de Candia ao non sumarse o BNG

O PSdeG perde na Deputación de Lugo a votación na que pedía a dimisión de Candia ao non sumarse o BNG

Os socialistas presentaran unha moción para esixirlle á presidenta do PP lugués que se desculpase polo seu papel na investigación da Operación Pulpo e abandonase todos os seus cargos públicos

G24.gal 29/07/2025 13:34

Os votos dos tres representantes do BNG na Deputación de Lugo, onde goberna en coalición co PSOE, impediron que saíse adiante unha moción presentada polos socialistas para reprobar a presidenta do PP lugués Elena Candia. Pretendían que abandonase todos os seus cargos públicos e que esixise desculpas polo seu papel na chamada Operación Pulpo, que investigou posibles anomalías na Deputación de Lugo.

Os socialistas acusaban a Candia de participar activamente «na estratexia de acoso político» que acabou con José Ramón Gómez Besteiro apartándose temporalmente da política pola súa condición de investigado nesta causa.

O presidente do organismo e líder provincial do PSdeG anunciaba o fracaso da súa proposta. Dez votos a favor do PSOE, 12 en contra do PP e abstención dos 3 representantes do BNG.

Foi o remate a un debate no que os socialistas acusaron de novo a Candia de presentar un anónimo que deu lugar a unha investigación a varios funcionarios e ao actual secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. Besteiro era daquela presidente da Deputación. A investigación da chamada Operación Pulpo foi finalmente arquivada logo de doce anos.

No debate deste martes, a socialista Pilar García Porto reiteraba as súas acusacións. O popular Antonio Ameijide reiterou que o que fixo o PP foi levar á Fiscalía unha denuncia que partira de traballadoras da Deputación. O contrario, dixo, sería ser cómplices.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade