Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP repetiría maioría absoluta en Galicia, según unha enquisa

O PP repetiría maioría absoluta en Galicia, según unha enquisa

Os populares acadarían entre 41 e 43 escanos, ata 3 máis dos que conseguiron en febreiro de 2024

O BNG seguiría como segunda forza, pero podería baixar ata dous escanos (23-25)

O PSdeG, que ten na actualidade 9 escanos, obtería entre 7 e 9

G24.gal 25/07/2025 15:35

A enquisa de intención de voto en Galicia que publica este venres o xornal El Mundo sinala que o PP de Alfonso Rueda amplía a súa maioría absoluta na comunidade.

De celebrarse hoxe eleccións autonómicas, os populares acadarían entre 41 e 43 escanos. Son ata 3 máis dos que conseguiron en febreiro de 2024. Os nacionalistas do BNG permanecen como segunda forza política e conseguirían entre 23 e 25 asentos no Pazo do Hórreo. Poderían baixar ata 2 escanos. Teñen actualmente 25.

Os socialistas galegos obterían entre 7 e 9. Actualmente teñen 9, co que poden caer dous. E Democracia Ourensana podería obter o escano que ten actualmente ou perdelo. Non entrarían na cámara galega nin Vox nin Sumar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade