Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intervidos en Cádiz 3.500 quilos de haxix envoltos coma se fosen laranxas

Intervidos en Cádiz 3.500 quilos de haxix envoltos coma se fosen laranxas

Os detidos, dúas persoas, deben ingresar en prisión

Operaba cerca da praia do Palmar, en Vejer

G24.gal 29/07/2025 10:48

A Policía Nacional incautouse de 3.500 quilos de haxix envoltos nun látex que simulaba ser laranxas. Nesta operación detiveron dúas persoas como responsables do delito.

Segundo a Policía Nacional, a investigación comezou cando os axentes tiveron constancia dun desembarco nocturno de estupefacientes.

Coas primeiras pescudas acharon un vehículo todo terreo que facía manobras sospeitosas cerca da praia do Palmar, en Vejer, Cádiz.

Logo, o vehículo contactou con outro tipo rancheira e unha furgoneta, que recibiron os fardos. 

Por iso se puxo en marcha un dispositivo policial que rexistrou unha vivenda próxima, a que utilizaban como almacén da mercadoría.

No rexistro interviñeron 30 fardos de estupefacientes nos que se atopaban as bólas de haxix, pastillas desta droga escondidas en bolsas de cacao e 69 garrafas de gasolina, que eran combustible para as embarcacións.

Os detidos foron postos ao dispor xudicial e decretouse o ingreso en prisión para ambos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade