Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan o corpo sen vida dunha persoa na zona de cantís do Porto do Son, preto de Queiruga

Rescatan o corpo sen vida dunha persoa na zona de cantís do Porto do Son, preto de Queiruga

Un particular alertou contra as 23 horas que  había un corpo preto da praia do Dique, en Queiruga

Os bombeiros de Ribeira - Boiro trasladan o corpo rescatado na praia do Dique. Foto: @BomberosBoiro Os bombeiros de Ribeira - Boiro trasladan o corpo rescatado na praia do Dique. Foto: @BomberosBoiro
G24.gal 27/07/2025 09:32 Última actualización 27/07/2025 10:24

Os bombeiros rescatan o corpo sen vida dunha persoa na zona de cantís de Porto do Son, preto da medianoite deste sábado.

Foi un particular quen, minutos antes das 23 horas deste sábado, alertou ao 112 Emerxencias de Galicia de que localizara o corpo dunha persoa preto da praia do Dique, en Queiruga, no concello do Porto do Son.

Nada máis recibir o aviso, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, activaron un operativo no que colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Ribeira e Boiro, o GES de Noia e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Cando chegaron ó lugar, os axentes da Garda Civil confirmaron que o corpo se atopaba nun cantil, nunha zona escarpada á que non podían chegar os vehículos de emerxencias.

Os bombeiros trasladárono cunha padiola ata un lugar accesible, onde os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Pouco despois, pasada a medianoite, en Porto do Son ardían cinco coches nun aparcadoiro de Queiruga, proximo ao campo da festa. A rápida actuación dos bombeiros evitaba que o lume fora a máis.

Os bombeiros de Ribeira - Boiro trasladan o corpo rescatado na praia do Dique. Foto: @BomberosBoiro Os bombeiros de Ribeira - Boiro trasladan o corpo rescatado na praia do Dique. Foto: @BomberosBoiro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade